A intelixencia artificial pode desempeñar un papel clave na elaboración de adaptacións curriculares e plans educativos individualizados. A partir de información básica do alumno —diagnóstico, fortalezas, necesidades específicas, nivel educativo e metas de aprendizaxe—, estas ferramentas son capaces de xerar borradores personalizados que inclúen obxectivos adaptados, medidas de apoio, estratexias metodolóxicas e criterios de avaliación axustados a cada situación.
No ámbito educativo, a súa utilización permite ao profesorado optimizar o tempo dedicado á planificación individual, garantir unha resposta máis adecuada á diversidade da aula e contar cun punto de partida flexible que pode revisarse, completarse e contextualizarse. Deste xeito, a IA convértese nun recurso valioso para avanzar cara a unha educación inclusiva, personalizada e fundamentada en evidencias.

Chatbots xeneralistas
Os chatbots xeralistas —como ChatGPT, Gemini, Copilot o Deepseek—ofrecen a posibilidade de adaptar de maneira case inmediata contidos, tarefas ou instrucións, axustándoos ao nivel, ritmo e estilo de aprendizaxe de cada estudante.
Pódelles solicitar que simplifiquen un texto, que convertan unha actividade nun formato visual, que elaboren explicacións paso a paso ou que propoñan alternativas dirixidas a alumnado con necesidades específicas —como TEA, dislexia ou altas capacidades—. Grazas a esta versatilidade, convértense nunha ferramenta potente e flexible para atender á diversidade desde un enfoque inclusivo.

IEP e 504 Plan Generator de Magic School
MagicSchool dispón de dúas ferramentas deseñadas para facilitar a atención individualizada do alumnado:
- IEP Generator: permite elaborar borradores de plans educativos individualizados (IEP). A partir da información do estudante, a IA propón obxectivos, adaptacións curriculares e estratexias específicas que favorecen o seu desenvolvemento académico e persoal.
- 504 Plan Generator: está orientado á creación de plans de acceso e apoio para estudantes que non precisan unha adaptación curricular, pero si medidas que garantan a igualdade de oportunidades, como tempos adicionais, axustes no contorno ou flexibilidade na avaliación.
Ambas ferramentas resultan de grande utilidade para o profesorado e os equipos de orientación, xa que aforran tempo e proporcionan unha base clara, coherente e facilmente personalizable sobre a que traballar.