Aviso legal

Última actualización: 25/08/2025

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI-CE), reflíctense a continuación os seguintes datos:


1. Obxecto

O presente sitio web (en diante, “o Sitio”) ten como finalidade ofrecer información, recursos e contidos relacionados con proxectos educativos e divulgativos. O acceso ao Sitio atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas de todas as disposicións incluídas neste Aviso Legal.


2. Condicións de uso

O usuario comprométese a utilizar o Sitio de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, a boa fe e a orde pública. Queda prohibido o uso do Sitio con fins ilícitos ou lesivos, ou que poidan causar prexuízo a terceiros, ou impedir o normal funcionamento do Sitio.


3. Propiedade intelectual e industrial

Os contidos deste Sitio web pertencen a distintas fontes e están suxeitos a diferentes condicións de uso:

  • Contidos propios: algúns textos, imaxes, vídeos e materiais foron creados directamente por Marco Vélez Barreiro. Agás indicación expresa en contrario, estes materiais publícanse baixo licenza Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0), o que permite o seu uso, distribución e adaptación sempre que se recoñeza a autoría correspondente.
  • Contidos elaborados para a Consellería de Educación: determinados materiais foron producidos no marco de proxectos institucionais e distribúense baixo licenzas Creative Commons establecidas por dita administración. Neses casos, aplícanse as condicións concretas da licenza indicada en cada recurso.
  • Contidos colaborativos: neste Sitio poden aparecer traballos realizados en colaboración con outros docentes e alumnado, publicados co seu consentimento expreso e baixo as condicións de difusión acordadas no momento da súa creación.
  • Contidos de terceiros: o Sitio pode incluír incrustacións de vídeos, imaxes ou outros materiais procedentes de plataformas externas (como YouTube, redes sociais ou outros sitios web). Estes contidos son responsabilidade dos seus respectivos titulares e réxense polas súas propias políticas de uso.

O uso do Sitio por parte do usuario non supón a cesión de dereito algún de explotación máis aló do permitido polas licenzas aplicables. Calquera reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación deberá respectar as condicións da licenza correspondente e recoñecer sempre a autoría.

Recoñecemento e cita dos materiais
No caso de reutilización dos contidos publicados neste Sitio, o usuario deberá indicar de forma visible a autoría e a fonte, por exemplo: “Material elaborado por Marco Vélez Barreiro, dispoñible en marcovelez.com, baixo licenza CC BY 4.0”, ou ben a referencia correspondente cando se trate de materiais da Consellería ou doutros colaboradores. En todo caso, a reutilización deberá respectar as condicións da licenza específica indicada en cada recurso.


4. Exclusión de garantías e responsabilidade

O Titular non se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan ocasionar:

  • Erros ou omisións nos contidos.
  • Falta de dispoñibilidade do Sitio.
  • Transmisión de virus ou programas maliciosos a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

O Titular non se fai responsable dos contidos aos que se poida acceder a través de ligazóns externos que puidesen incluírse no Sitio, sendo ditos contidos responsabilidade dos seus respectivos titulares.


5. Ligazóns externos

O Sitio pode incluír ligazóns a sitios web de terceiros, co único obxecto de proporcionar ao usuario a posibilidade de acceder a recursos ou información de interese. O Titular non se fai responsable dos resultados que poidan derivarse do acceso a ditos ligazóns externos.


6. Lexislación aplicable e xurisdición

Este Aviso Legal rexerase e interpretarase de conformidade coa lexislación española. Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas con este Sitio, serán competentes os Xulgados e Tribunais da Coruña, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponder.