Nesta sección atoparás varios asistentes intelixentes deseñados para analizar de maneira rápida e precisa as producións escritas do alumnado das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Estes bots son capaces de detectar erros gramaticais, propoñer reformulacións e xerar retroalimentación detallada en cuestión de segundos. Aínda que foron desenvolvidos tendo en conta os niveis e dinámicas propias das EOI, tamén animamos ao profesorado de Primaria e Secundaria a exploralos, xa que poden resultar de grande axuda na corrección de textos, na autoavaliación do alumnado ou na creación de rúbricas adaptadas.
Proximamente incorporaremos novos asistentes dirixidos a outros niveis educativos e a necesidades máis específicas, polo que as túas suxestións serán sempre benvidas. Para utilizalos necesitarás dispoñer dunha conta de ChatGPT de OpenAI: se usas a versión gratuíta, contarás cun número limitado de interaccións, pero poderás probar igualmente o funcionamento dos bots.

Corrección PCTE A1-A2
EOI de Galicia
Corrección automatizada de producións, e coproducións de textos escritos de niveis A1 e A2 de acordo cos criterios de corrección das EEOOII de Galicia
(Versión de proba)

Corrección PCTE B1-B2
EOI de Galicia
Corrección automatizada de producións, e coproducións de textos escritos de niveis B1 e B2 de acordo cos criterios de corrección das EEOOII de Galicia
(Versión de proba)

Corrección PCTE C1-C2
EOI de Galicia
Corrección automatizada de producións, e coproducións de textos escritos de niveis C1 e C2 de acordo cos criterios de corrección das EEOOII de Galicia
(Versión de proba)

Corrección MED
EOI de Galicia
Corrección automatizada de mediacións escritas de niveis intermedios e avanzados de acordo cos criterios de corrección das EEOOII de Galicia
(Versión de proba)

Práctica da coprodución oral na EOI
Un asistente que crea xogos comunicativos adaptados a calquera materia, nivel e idade
(Versión de proba)

Horarios EOI de Galicia
Un asistente para elaborar os horarios do profesorado a partir da oferta educativa
(Proximamente dispoñible)
IV Xornadas de Ensinanzas de Réxime Especial – Obradoiro EOI – 24/10/2025
Descarga aquí os materiais para o reto 1.
RETO 1. “A IA preséntase ás probas de certificación”
- Accede á web https://marcovelez.com/ Vai á sección “Varios” > “Bots experimentais”. Alí atoparás os accesos aos bots e unha ligazón para descargarte fichas de certificación de todos os idiomas de:
- Mediación escrita.
- Produción e coprodución escrita.
- Produción e coprodución oral.
- Abre a túa conta de ChatGPT e logo abre o bot de corrección PCTE de nivel intermedio.
- Arrastra a ficha de PCTE do teu idioma e escribe un texto con erros, como se foses un alumno de nivel B1. Revisa a corrección que che devolve ChatGPT.
- Repite o proceso coa mediación e coa PCTO (esta vez, usando o modo de voz avanzado).
- Comenta cos teus compañeiros o resultado e como se podería mellorar.
RETO 2. “Informáticos por un día”
- Abre un chatbot calquera (preferentemente, ChatGPT ou Gemini de Google).
- Pídelle que che programe unha aplicación sinxela para o teu alumnado en formato HTML+CSS+JS
- Copia o código e pégao nun arquivo de texto (no caderno de notas de Windows).
- Cámbialle a extensión de .txt a .html
- Fai dobre clic no arquivo e próbao.
- Opcionalmente, comparte o teu traballo cos compañeiros poñéndoo no cartafol compartido da clase.
RETO 3. “Personalizando Gemini para a EOI”
- Abre a túa conta de Google / Gmail.
- Abre Gemini.
- Utiliza o autoprompting para que o chatbot che xere un promt para realizar unha tarefa concreta. Ten que ser unha tarefa que ti ou o teu alumnado ides facer habitualmente, sempre coas mesmas instrucións.
- Fai clic en “Descubrir Gems” > “Novo Gem”
- Pega o prompt no recadro “Instrucciones” e, se é preciso, súbelle algún arquivo pertinente a “Conocimientos”.
- Proba o teu Gem a ver se funciona.
- Opcionalmente, comparte a URL do voso Gem cos compañeiros poñéndoo no cartafol compartido da clase.